O xesuíta Alberto Ares ofrecerá este mércores, ao equipo docente do Colexio, unha charla formativa sobre migracións. A mesma, enmárcase dentro da Semana da Paz e das Migracións que o centro organiza este mes y está enfocada desde a nosa tradición ignaciana.
Ares é o director do Instituto Universitario sobre Migracións da Universidade de Comillas. E a mesma terá lugar no salón de actos, a partir das 17:30 horas.