Celebramos a X Carreira Solidaria de Entreculturas “Corre por unha causa”

Este ano queremos celebrar unha das actividades máis típicas e solidarias do curso escolar, que celebrabamos durante as festas colexiais: a Carreira Solidaria de Entreculturas. Ademais, este curso, celébranse os 10 anos do seu nacemento, e para celebralo, desde a nosa ONG xesuíta levouse a cabo unha campaña para que a conmemoración fose máis especial que nunca. Con este motivo creáronse camisetas conmemorativas que nos fai moita ilusión poder entregar ao noso alumnado como agradecemento pola participación na carreira.
Como non se poderá realizar a carreira de maneira tradicional, as carreiras desenvolveranse na semana do 10 ao 14 de maio desde as clases de Educación Física, coas seccións orixinais de referencia de cada alumno. A carreira adaptarase ás idades de cada curso, e formará parte da clase de Educación Física dese día, polo que todo o alumnado participará como nunha actividade máis da materia. Pero o alumnado que o desexe, que oxalá sexa a inmensa maioría, pode inscribirse e así facer un donativa para as causas xustas da ONG Entreculturas.
O obxectivo fundamental da Carreira Solidaria é apoiar dous proxectos:
1) Proxecto Educativo co Servizo Xesuíta a Refuxiados ( SJR) no Campo de refuxiados de Dzaleka, en Malaui. Coa nosa doazón apoiaremos o equipamento de aulas, abastecemento de auga e saneamento, distribución de comida e formación de docentes. Beneficiará a 4.269 nenos e nenas, 82 docentes e a 584 nenos e nenas e ás súas familias.
2) Proxecto Educativo con con Fe e Alegría en Perú. Coa nosa doazón apoiaremos a dixitalización do alumnado nas comunidades rurais, en concreto coa adquisición de case 6.000 tablets.
Máis información na páxina da carreira
A inscrición xeral é de 6 euros, que cobre a doazón mínima e a camiseta que entregaremos como agradecemento pola contribución solidaria. A partir de ahí, a cantidade da doazón é libre. E os membros da comunidades educativa que no teñen que participar na carreira, poden colaborar como Fila 0 facendo a doación que consideren oportuna e inscribíndose si tamén queren camiseta.
Debido a que hai que fabricar as camisetas con tempo suficiente para que cheguen antes do 10 de maio, necesitamos que todas as inscricións estean realizadas antes do 28 de abril. Para iso só fai falta devolver a ficha do reverso cuberta ao titor/a de cada alumno/a, coa achega económica que se decidiu, neste mesmo sobre que vos entregamos, perfectamente pechado.
Ao longo dos días previos as carreiras realizaremos co alumnado talleres de sensibilización e concienciación nas aulas, explicando o sentido da carreira, e o proxecto para financiar. Esperamos, como sempre, a vosa colaboración e apoio, en especial nesta causa tan nosa, tan necesaria e tan xusta, que é o dereito á educación de todos os nenos e nenas do noso mundo.