info@colegioapostol.com  |  986 371 011 | 

PRIMARIA

Iago Pérez
Jefe de Estudios de Educación Primaria

METODOLOXÍA

Metodoloxías activas nas que o alumno é o protagonista do seu proceso de aprendizaxe. Traballo cooperativo, unha metodoloxía que ten por obxectivo o ensinar ao noso alumnado a importancia de traballar en equipo e como poñer as nosas fortalezas ao servizo da colectividade.

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

Unha das liñas prioritarias do noso centro é a atención á diversidade, ao que lle dedicamos un gran número de recursos e esforzos. Cada alumno merece unha atención constante e individualizada que axude a potenciar todas as súas fortalezas e acompañe e apoie aquelas dificultades que poidan xurdir no proceso de aprendizaxe. O noso modo de proceder inclúe detección, seguimento, apoio e reforzo.

Contamos cun Departamento de Orientación formados por psicólogos, especialistas en Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe. A isto temos que engadir traballo dentro da aula con dous profesores traballando simultaneamente co obxectivo dun maior seguimento dos nosos alumnos e a implantación de metodoloxías activas e reforzos dentro da aula.

EMOCIÓNS E CONVIVENCIA

Prevención do acoso escolar a través do Plan de Convivencia.
– Traballo das emocións e a convivencia con actividades incluidas no noso día a día como é a recollida do día
– Convivencias en todas os cursos.
– Materia de libre configuración en 6º de Primaria “Educación Emocional e Social”

PLURILINGÜISMO

O noso Colexio é Plurilingüe na etapa de Primaria, de tal xeito que, as áreas de Plástica e Educación Física, e Sociais e Naturais, impártense en Inglés en cursos alternos.
Ademáis contamos con auxiliares de Conversación nativos, e clases extraescolares de Inglés impartidas no propio centro a mediodía para EP.