INFANTIL

Nuria Turienzo
Profesora de Educación Infantil

Dossier Infantil

Aula Multisensorial

METODOLOXÍA

• Aprendizaxe a través de centros de interese: temas motivadores para os nosos alumnos que nos permitan unha profundización e investigación (o espazo, o noso corpo….)

Lectoescritura, respectando os ritmos madurativos e traballándoos como unha aventura que nos vai a abrir un mundo de posibilidades (o noso obxectivo é o formar futuros bos lectores)

O noso alumnado é o protagonista do seu proceso de aprendizaxe (encargado do día, asamblea, recursos desde casa e explicación aos nosos compañeiros)

A importancia da experiencia:
• Talleres de matemáticas manipulativas, psicomotricidade fina, estimulación da linguaxe
• Saídas e excursións enmarcadas en proxectos e centros de interese (imos ao mercado, vila romana, museo do mar, castelo de Soutomaior…)

• A aprendizaxe ten que ser un descubrimento e por tanto debe de ser sorprendente e motivador, sempre partindo dos seus coñecementos previos e construíndo)
• Nosas instalacións, ao servizo da aprendizaxe (bosque, aulas de psicomotricidade, laboratorios, aulas que fomentan a aprendizaxe e a autonomía)

Psicomotricidade:
Nesta etapa o corpo é clave nas aprendizaxes, unha boa coordinación e lateralidad son uns cimentos moi importantes no desenvolvemento dos nosos alumnos para a adquisición de novas aprendizaxes. Por iso para nós é unha actividade crave e moi presente no horario do noso alumnado.

FAMILIA E COLEXIO

• Actividades e charlas desenvolvidas por familias na aula (visítannos pais dentistas, arquitectos, sanitarios… afeccionados á pesca, especialistas en facer un horto… de diferentes profesións para axudarnos a entender os temas de interés da nosa sociedade)

• Actividades escolares en colaboración coa ANPA (nadal, festas colexiais, excursións e saídas escolares)
• Entrevistas co titora/a
• Alexia, como plataforma de comunicación
• Reunións de familias
• Escola de familias
• Conciliación vida familiar e laboral:
+ PERIODO DE ADAPTACIÓN para alumnado de 3 anos na primeira semana de curso.
+ SERVICIO MADRUGADORES DENDE AS 07.30H
+ SERVICIO DE COMEDOR CON COCINA PROPIA
+ AMPLIA OFERTA DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DE MEDIODÍA E DE TARDE.

EMOCIÓNS E CONVIVENCIA

• Asemblea diaria
• Traballamos na Resolución de conflitos
• Traballamas na identificación de emocións
• Sesións de convivencia desde o primeiro curso de Educación Infantil
• Recollida Ignaciana do día.

AULA MULTISENSORIAL

O Colexio estreou no curso 21-22 un novo espazo para potenciar o desenvolvemento do esquema corporal do noso alumnado máis pequeno que é, á vez, unha magnífica e moderna ferramenta na que se conxuga a estimulación e a relaxación.

Na nova Aula de Estimulación Multisensorial (EMS), con elementos como son a música, as luces de cores, os aromas, as texturas… os nenos e as nenas exploran, descobren e gozan do mundo dos sentidos e os afectos.

Nos países do Norte de Europa xa hai moitos anos que estas aulas están integradas nos colexios, pero en España é algo aínda moi novo. O noso centro apostou por iso porque cremos firmemente no beneficio que suporá para o desenvolvemento integral do noso alumnado.

Nesta EMS levan a cabo distintas actividades que están recollidas e integradas na nosa
programación, tales como:

• Estimulación, contacto somático, para que o neno tome conciencia do seu corpo para desenvolver o seu esquema corporal e coordinar os seus movementos.
• Actividades de estimulación táctil e estimulación vibratoria, a partir de elementos concretos, para que vaia adquirindo os límites do seu corpo.
• Tamén actividades de estimulación vestibular: o movemento. Localízase na parte non auditiva do oído. Constitúe a condición previa para calquera desprazamento. Se isto non se fai, pode xerar dificultades no futuro.
• Estimulación do olfacto e estimulación acústica: hai nenos que están sobresaturados a nivel acústico e isto pode repercutir en problemas de conducta e sociais. E actividades de estimulación visual que axudan a motivalos, a centrar a súa atención.

En definitiva, distintas actividades que nos axudan a traballar o esquema corporal, a motricidade fina máis precisa, a linguaxe, a crear rutinas interactivas para favorecer a comunicación, para favorecer o xogo cos seus iguais, etc.

Link á noticia do Faro de Vigo: https://www.farodevigo.es/faroeduca/2021/11/09/espacio-estimulacion-relajacion-peques-59308990.html

Contacta con nós

Para cualquera duda ou consulta, rechee este formulario e lle contestaremos tan pronto como sexa posible.

Not readable? Change text. captcha txt