info@colegioapostol.com  |  986 371 011 | 

As clases de 2º de Bacharelato volven á actividade con 48 alumnos e alumnas

Tiveron que pasar 73 longos días para abrir de novo as aulas do Colexio Apóstol Santiago. Este luns, 25 de maio, os mozos e mozas de 2º de Bacharelato volveron ás súas aulas. 48 alumnos e alumnas que se atoparon por fin cos seus mestres, que estaban esperándolles a metro e medio de distancia pero moito máis próximos de corazón. Así narran os docentes estes primeiros días de clases nesta nova normalidade escolar.
“Sorrímonos cos ollos, cos ollos achegámonos para acollerlles, animarlles e acompañarlles no treito de camiño que aínda nos queda por percorrer. Tras as recomendacións de uso do xel nas clases, das distancias entre pupitres, da imposibilidade de saír da aula, de non prestarse material escolar ningún, comezaron as clases de 8.15 a 11.15 horas, agrupados segundo a súa modalidade e en número igual ou inferior a 15.
Contáronnos do seu cansazo, da súa tristeza por non poder graduarse na festa que lles pertence e pola que tanto traballaron, quedamos en manter a esperanza en que as cousas irán mellorando e quen sabe se poderemos ou non facela. Dixéronnos que necesitan o cole e as clases, a guía dos profesores para non perderse, para seguir estudando e ter bos resultados en EVAU.
Custou ter a máscara todo o intre posta, custou non romper as distancias, custou manterse en fila ao saír. Os profesores lembramos estas consignas que nos manteñen sans e que necesitan ser seguidas por todos.
Moitos de nós tivemos clases online simultáneas ou entre clases presenciais no mesmo colexio. Un gran esforzo, pero que ganas tiñamos de poder pisar a aula e dar clases “en vivo e en directo”. Esta realidade que non conserva nada do que tiñamos por normal, preséntanos un e mil retos aos que facer fronte.
Alégranos moito tervos outra vez nesta vosa casa, … a medio metro de distancia pero … moi preto do corazón”