Obxectivos xerais
- Busca Integrar na práctica diaria e en todas as áreas e materias, actividades concretas destinadas a mellorar a competencia lectora dos alumnos. Desenvolver, a través da lectura dirixida, habilidades sociais que permitan a resolución de conflitos na aula, fomentando o respecto e a comunicación cos demais.
- Activar a biblioteca e adecuar o seu contido ás necesidades do centro. Promover entre os alumnos o uso cotián e diario da biblioteca, de forma que adquiran as ferramentas para manexarse con eficacia nese ámbito, comprendan a súa importancia para a aprendizaxe e o desfrute lector e valoren a importancia de coidar e conservar os libros.
- Dedicar tempo e actividades concretas e específicas centradas na lectura de forma global, como forma de promover o hábito lector.
- Intercambiar experiencias lectoras duns niveis con outros.
- Dar prioridade ao desenvolvemento da competencia lectora e ao desenvolvemento do hábito lector nos alumnos.
- Crear un clima lector en todo o centro, fomentando o desenvolvemento de actividades de fomento da lectura como primeiro paso para crear lectores autónomos que gocen coa lectura e encontren nela unha forma de enriquecemento persoal.
- Orientar as familias para axudarlles a crear hábito lector no ámbito familiar.