A violencia de xénero marca o inicio de curso en Bacharelato

A xornada de inicio de curso en ESO e Bacharelato, organizada para este 16 de setembro,  vestiuse de loito pola morte de tres mulleres na localidade galega de  Valga. Esa tráxica acción de violencia machista marcou os actos previstos polo Colexio neste primeiro día de clase para os maiores. De feito, a conferencia inaugural prevista, que debía impartir neste acto académico a antiga alumna, Susana López Abella, Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, foi suspendida debido a ese triste acontecemento. Iván Mirón, director do Colexio, mantivo a actividade prevista no salón de actos e o alumnado de Bacharelato acudiu, ainda que tivo que mudarse o contido da mesma. Un minuto de silencio abriu ese espazo, que continuou coa canción de Rozalén, “La puerta violeta”, e unha reflexión sobre a violencia de xénero e a súa conexión coas persoas adolescentes. Tras aportar os duros datos sobre a violencia de xénero en España, o director implicou ao alumnado recordando que “vos, alumnas e alumnos de Bacharelato, podedes axudar a mudar esta realidade. Sodes a esperanza para unha sociedade máis xusta e solidaria”. Dos alumnos leron un manifesto en contra deste tipo de violencia e pechouse o acto cunha oración. Desta forma tan inesperada e dolorosa, quedou inaugurado oficialmente este curso 2019/2020 no Colexio Apóstol Santiago.