A USC recoñece a 24 alumnos/as do Apóstol polo seu expediente en Bacharelato

O pasado día 24 de xuño, 24 dos nosos alumnos de Bacharelato eran recoñecidos pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) polos excelentes resultados acadados no Bacharelato e nas probas ABAU.  Pablo, Mª Luisa, Carlos, Araceli, Natalia, Carolina, Ana, Lucía, Rafael, Marta, Andrés, Jaime, Pedro, Uriel, Inés, Sandra, Daniel, Jorge, María, Lucía, Sergio y Andrea obtiveron unha nota de acceso á universidade superior a 9 puntos. As circunstancias sanitarias non permitiron que todo o alumnado de “Mellores Expedientes”, como é habitual todos os anos, puidese estar de modo presencial no salón de actos da Facultade de Medicina para recoller o seu diploma. Na súa representación, as súas compañeiras Eva e Inés, por acadar  unha nota de acceso á universidade superior a 9.8 puntos, recolleron o diploma no salón. Reiteramos os nosos parabéns a todos eles polos excelentes resultados froito do esforzo e a constancia durante toda a súa traxectoria académica. Parabéns ampliables ao resto da promoción 2021 que, que pese as complicadas circunstancias nas que se desenvolveron os dous cursos do seu Bacharelato, fixo un excelente curso e obtivo uns resultados moi satisfactorios nas ABAU. Noraboa a todos! Neste enlace pódese ver o video do acto. O recoñecemento o noso alumnado aparece a partir do 1h:30:30
Pavillón BACH