O colexio Apóstol Santiago organiza o próximo martes, 3 de marzo, a I Feira de Universidades e Escolas Profesionais. A xornada, que terá lugar no pavillón polideportivo do noso centro, e comezará as 15:30 horas coa recepción de participantes. A apertura será as 16:15 h e rematará as 18:00 horas. Está destinada ao noso alumnado de Bacharelato (235 estudantes) e ás súas familias. O obxectivo desta actividade e facilitar unha mellor e máis cercana información sobre os estudos e as saídas profesionais que ofertan os centros educativos superiores ao término da etapa de Bacharelato.
Trátase dun proxecto que a dirección do Colexio, a coordinación de Bacharelato e o Departamento de Orientación levaban estudando hai algún tempo. Esta iniciativa terá carácter bianual e é unha gran oportunidade para coñecer de primeira man a oferta das distintas universidades e escolas profesionais.
Confirmaron a súa presencia nesta feira as seguintes universidades e centros de estudos superiores:
- Universidad de Navarra
- Universidad Nebrija
- Universidad CEU San Pablo
- Universidad Pontificia de Comillas
- Universidad de Tecnología y Arte Digital (UTAD)
- IESIDE
- Universidad Europea de Madrid
- Escuela Universitaria de Trabajo Social de Santiago
- Escuela Superior de Arte Dramático
- Universidad Villanueva de Madrid
- Universidad Alfonso X El Sabio
- Universidade de Vigo
- Universidade da Coruña
- ESADE Business & Law School
- Ministerio de Defensa (Armada)
- Centro Superior de Hostelería de Galicia
- Centro Universitario de Artes de Madrid (TAI)
- Centro de Estudios Superiores Universitarios de Galicia (CESUGA)
- Centro de formación profesional CPR Castelao
- IES A Guía