Avanza a implantación do proxecto EDIXGAL nas aulas de Primaria e ESO

O pasado curso o noso colexio embarcouse nun novo proxecto: EDIXGAL (Educación Dixital de Galicia). Trátase dunha iniciativa da Xunta da que o noso centro xa se beneficia desde o curso 2021-2022, e que seguirá incorporándose progresivamente a outros cursos ata chegar a 4º de educación secundaria.  Grazas a este proxecto, este curso os alumnos e as alumnas de 5º de educación primaria ata 2º de educación secundaria dispoñen dos seus dispositivos portátiles persoais (cedidos pola Xunta de Galicia) e poden utilizar un entorno virtual de aprendizaxe tanto no centro coma na súa casa.  Este programa está a permitirnos, a maiores da mellora da competencia dixital do noso alumnado, adoptar nas aulas un modelo moito máis personalizado para cada alumno e alumna, xa que os docentes poden elaborar a súa propia “mochila dixital” seleccionando a través da plataforma dixital contidos formativos da súa materia, podendo incorporar ademais os materiais complementarios que desexen, así como contidos de elaboración propia.  Esta iniciativa está sendo acompañada pola renovación dixital que o colexio está levando a cabo nas aulas coa instalación de novos e modernos paneis interactivos, que facilitan tanto a interacción co alumnado como unha mellora na calidade da presentación dos contidos.