100% de aprobados na ABAU

O noso Colexio fixo un pleno nas probas de ABAU: 100% de aprobados. 111 sobre 111 presentados. Un resultado que non se alcanzaba desde o curso 2014/2015. No curso que acaba de finalizar matriculáronse en 2º de Bacharelato 116 estudantes, dos cales 111 aprobaron na convocatoria de xuño. A estes magníficos datos hai que sumar as 16 alumnas e 4 alumnos que conseguiron o premio como “Mellores Expedientes do curso 21-22” ao obter unha nota igual ou superior a 9, combinando as súas medias de Bacharelato e da parte xeral da  ABAU. Non nos queda máis que felicitarnos por este gran resultado académico e dar os parabéns ao noso alumnado, ás súas familias e ao resto da comunidade educativa do Colexio Apóstol.