Unha importante novidade neste curso 18-19 será a nova plataforma de comunicación e xestión escolar, ALEXIA, que substituirá a todas as plataformas que viñamos utilizando para os distintos servizos e actividades (DIODRO, Comocomen…)

Entre outras melloras, cabe salientar a dispoñibilidade dunha app multiplataforma para móbiles e tabletas cun sistema de notificación automática que permitirá recibir avisos e comunicacións en tempo real, ademais de facilitar e axilizar moitas xestións habituais das familias.

Moitas familias xa comezaron a utilizar esta nova plataforma reservando os libros para o curso 2018-19 e neste momento está tamén dispoñible a reserva de praza  ou preinscrición nas actividades extraescolares para o próximo curso. Finalmente, nos  primeiros días de clase, ALEXIA converterase na única plataforma de comunicación co colexio.

A complexidade inherente a unha plataforma tan completa implica unha enorme carga de traballo de formación, migración de datos e posta en marcha do proxecto no que levamos traballando dende xaneiro e, aínda que estamos seguros de que será do voso agrado, pedirémosvos un pouco de paciencia nas primeiras semanas de funcionamento.

Para poder acceder á nova plataforma ALEXIA, podedes facelo no seguinte link utilizando como usuario o voso NIF (coa letra en maiúscula) e como contrasinal, se é o voso primeiro acceso, o mesmo NIF. No primeiro acceso deberedes cambiar o voso contrasinal e comprobar ou escribir unha dirección válida de correo electrónico, que será imprescindible para futuras comunicacións. É importante sinalar que cada un dos pais ou titores dispón da súa propia clave de acceso.

Se queredes coñecer máis polo miúdo o  funcionamento da plataforma ALEXIA e todos os servizos que estarán dispoñibles, a medida que vaia comezando o curso, podedes consultar o manual de usuario para familias habilitado a tal efecto na web do colexio  e, en calquera caso, daremos máis información en setembro nunha reunión específica coas familias que terá lugar o Luns 10 de setembro ás 19:00 no Salón de Actos.

Por suposto estaremos a vosa enteira disposición para resolver todas as dúbidas que poidan xurdir.

Desexamos que ALEXIA sexa unha ferramenta que mellore e facilite a comunicación FAMILIA-COLEXIO sempre na procura dunha educación excelente e de calidade.

Contacta con nós

Para cualquera duda ou consulta, rechee este formulario e lle contestaremos tan pronto como sexa posible.

Not readable? Change text. captcha txt