Ponse en marcha «Educar con Propósito»
Desde Educsi, a rede de centros educativos da Compañía de Xesús, ponse en marcha «Educar con Propósito», unha serie audiovisual que nace co obxectivo de achegar, dunha maneira sinxela e accesible, algunhas das claves da identidade educativa xesuíta.
A través de diferentes episodios, a serie busca afondar en quen son os colexios xesuítas, que os identifica e como entenden a educación. Unha proposta dirixida a educadores, familias e a todas as persoas que forman parte das súas comunidades educativas.
O primeiro episodio, dedicado ao Magis, convida a descubrir como se concreta esta maneira de entender a educación no día a día dos colexios: non se trata de esixir máis, senón de mirar mellor a cada alumno e alumna, recoñecer os seus dons e acompañalos para que poidan poñelos ao servizo dos demais.
A serie contará con episodios de maior duración, dispoñibles exclusivamente na canle de YouTube de Jesuitas, e con diferentes pezas breves, de aproximadamente un minuto, que se irán difundindo progresivamente a través das nosas redes sociais e doutros canais de comunicación.
Compartimos aquí o primeiro episodio, unha boa ocasión para coñecer un pouco máis os principios que inspiran a nosa proposta educativa e dan sentido á nosa tarefa diaria.
