Baixo o lema Unha identidade que se re-crea a través do diálogo, as Xornadas EDUCSI en Deusto regaláronnos días intensos de reflexión, escoita e encontro.
Identidade, evangelización e goberno foron os tres eixos que guiaron este camiño compartido por case 280 persoas de colexios e fundacións xesuítas de España e Portugal, entre os que estaban parte do noso equipo directivo.
Que significa ser escola católica en 2025? Como se pode compartir misión e colaborar desde as nosas diferenzas?
A proposta de diálogo planteouse non como un simple consenso, senón como un exercicio profundo de escoita, apertura e recreación conxunta de identidade e misión.
Seguimos camiñando xuntos, co desexo de que todo o vivido inspire e impulse o que ocorre cada día nas nosas aulas.
Xornadas Educsi: re-creando a nosa identidade no diálogo2025-07-122025-07-14http://colegioapostol.com/wp-content/uploads/2021/11/colexio-xesuitas-vigo-logo-horizontal.pngColexio Apóstol Santiago - Xesuitas Vigohttps://colegioapostol.com/wp-content/uploads/2025/07/educsi_001.jpg200px200px

