O noso alumnado de 4.º, 5.º e 6.º de Educación Primaria recibiu recentemente unha visita moi especial por parte do RC Celta de Vigo. Os estudantes tiveron a oportunidade de coñecer de cerca a:
Rubén Martínez, padroado da Fundación Celta
Pablo Durán, xogador do primeiro equipo
Lara Martínez, xogadora de As Celtas
Pablo Gavián, xogador da Cantera
Bajcetic, representante da agrupación de antigos xogadores
Javier García Galdo, biólogo especializado en nutrición deportiva, divulgador e escritor
Durante a charla, os alumnos aprenderon sobre a importancia dunha alimentación saudable, de ciudad o corpo e practicar deporte, e como estes hábitos poden influír no seu desenvolvemento persoal e na súa vida diaria. Ademais, escoitaron experiencias de profesionais do deporte e reflexionaron sobre valores esenciais como o esforzo, o traballo en equipo e a deportividade, tanto dentro como fóra do campo.
Agradecemos sinceramente a visita e a camiseta que nos entregaron, que conservaremos con moito orgullo.

