info@colegioapostol.com  |  986 371 011 | 

Unijes-Educsi: III Foro Xesuíta Virtual de Orientación Universitaria

O día 21 de novembro celebrouse o III Foro xesuíta virtual de orientación universitaria, unha mostra palpable da colaboración dos dous sectores educativos da Compañía de Xesús en España: Educsi e Unijes.
 
A sesión dirixiuse a máis de 3.500 estudantes de Bacharelato, Ciclos Formativos e 4º de Educación Secundaria dos 67 centros educativos que ten a Compañía de Xesús en España que se conectaron en directo desde as súas aulas.  O foro foi inaugurado ás 9:30 h. por Jaime Badiola S.J e Ana Garcia- Mina, delegado de Educsi e delegada de UNIJES.
A continuación, os estudantes asistiron a unha conferencia motivadora “Conta atrás para atopar a túa vocación”, a cargo do Carlos Gómez-Virseda Martinez SJ. Nesta charla, Carlos brindou aos estudantes cinco consellos para vivir a súa vida con vocación. Posteriormente, os centros e universidades de UNIJES, a través de testemuños dos seus estudantes, contaron as excelentes oportunidades que brindan as universidades de Deusto, Comillas e Loyola e os centros IQS, Esade e SAFA.
Esta actividade responde a unha chamada en clave vocacional e a un desexo compartido de vivir a proposta educativa da Compañía de Xesús no seu conxunto, con unidade de sentido e proxección, desde a Educación Infantil, pasando pola Educación Primaria e Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional, ata os Graos Universitarios, Masters e Doutoramentos, e mesmo a Formación Executiva.
 
Finaliza un foro que na súa terceira edición pon de manifesto a vontade de continuar colaborando ambos os sectores e as súas institucións en ámbitos de identidade e misión, investigación ou accións formativas.