info@colegioapostol.com  |  986 371 011 | 

Un curso para agradecer

Co remate do curso 2025-2026, queremos botar a vista atrás e agradecer todo o vivido ao longo destes meses. Por iso, elaboramos un vídeo que recolle, de maneira simbólica, algúns dos momentos, experiencias e aprendizaxes que marcaron o camiño dos nosos alumnos e alumnas, desde 4º de Educación Infantil ata 2º de Bacharelato.
Sabemos que un curso escolar está formado por milleiros de instantes, proxectos, encontros e vivencias imposibles de resumir nunhas poucas imaxes. 
 
Este vídeo non pretende contalo todo, senón representar, a través dalgúns momentos significativos, a riqueza dunha etapa compartida que deixa pegada en cada persoa que forma parte da nosa comunidade educativa.

Rematamos o curso coa certeza de que quedan moitas historias por contar, pero tamén coa alegría de saber que cada unha delas forma parte dun proxecto común que nos axuda a crecer como persoas, competentes, conscientes, compasivas e comprometidas.

Con este vídeo queremos celebrar todo o vivido e dar grazas por un curso cheo de aprendizaxes, encontros e momentos inesquecibles. Porque, sen dúbida, foron moitos os motivos para agradecer.