info@colegioapostol.com  |  986 371 011 | 

Sembradores de estrelas

Ao Colexio Apóstol de Vigo gústalle xerar sinerxias. Apostamos pola conexión entre todos os membros da nosa comunidade educativa e por iso xeramos vínculos entre xeracións. “Sembradores de estrelas” é a historia dunha tradición enraizada no noso centro educativo coa que buscamos momentos de encontro entre o noso alumnado maior e o máis pequeno, intercambiándonos mutuamente felicitacións de nadal e panxoliñas, “sembrando” o nadal entre todos os que formamos esta gran familia.

Que significa sembradores de estrelas? A estrela de Belén é unha sinal que nos guía ata a chegada do Mesías, por iso hoxe fomos sembradores de estrelas que anuncian a boa noticia de que naceu Jesús. Desta maneira aproveitamos para felicitarnos o Nadal. Este ano a nosa Estrela é unha pulseira. Pero non é unha pulseira calquera. É a pulseira de Liñas de Forza que coas súas pegadas tamén nos guía, como a todos e todas, polo camiño que nos leva a Xesús avanzando co lema: Ven, sígueme. Quizais unha marabillosa invitación para comprometernos con este Neno que naceu.