O novo curso académico que está a piques de botar a andar comenzou coa primeira coas familias. Nesta ocasión foi a quenda de Educación Infantil.
O encontro comezou no salón de actos, onde interviron:
- Alberto Remeseiro, director do colexio, dando a benvida oficial ao novo curso.
- Carlos Ares, director de Educación Infantil e Primaria, que expresou o seu agradecemento ás familias por confiar no colexio.
- Marina Márquez, coordinadora da etapa, quen salientou a relevancia desta etapa no desenvolvemento integral dos nenos e nenas.
- Agustín Couto, coordinador de Pastoral, que presentou ás familias o lema deste curso e as liñas de forza así como
- Rosario Gallego, en representación da ANPA, que lembrou as principais liñas de actuación da asociación.
Despois da sesión común, as familias pasaron ás aulas coas titoras e titores, que lles achegaron información máis concreta sobre a organización e o desenvolvemento do curso.
Deste xeito, damos comezo a un ano escolar no que o noso lema será:
“Libres para servir. Punto. Recoñecer a Deus no camiño”.
Desexámosvos un feliz regreso ás aulas e un curso cheo de aprendizaxes e ilusión.
Reunións de comenzo de curso con familias2025-09-052025-09-08http://colegioapostol.com/wp-content/uploads/2021/11/colexio-xesuitas-vigo-logo-horizontal.pngColexio Apóstol Santiago - Xesuitas Vigohttps://colegioapostol.com/wp-content/uploads/2025/09/comezo_curso.jpg200px200px

