O colexio ten implantado un proxecto de plurilingüismo en todo o centro educativo, dende Educación Infantil ata Bacharelato. Pertence a Rede de Centros Plurilingües da Xunta de Galicia e, como tal, ten os seguintes obxectivos:

  • Formar en linguas extranxeiras á vez que en contidos non lingüísticos
  • Mellorar o dominio efectivo en linguas estranxeiras do alumnado galego
  • Fomentar a pluralidade lingüística e cultural nos centros educativos para lograr a plena integración do alumnado nun contexto globalizado
  • Promover o desenvolvemento dun currículo integrado das linguas para favorecer a transferencia dos coñecementos e as competencias dunha lingua a outras

Inglés

O colexio está inscrito dentro do programa BEDA, Bilingual English Development and Assessment, instrumento de calidade para potenciar a ensinanza do inglés, no nivel 2 Bilingüe.  Damos a oportunidade a todos o nosos alumnos de dominar a lingua inglesa, ao mesmo tempo que a castelá e a propia lingua galega.

Servizo de axiliares de conversa nativos en Primaria, Secundaria e Bacharelato

Os alumnos destes cursos contan coa axuda semanal dun auxiliar de conversa para a mellora das súas competencias lingüísticas no idioma inglés e para a adquisición da confianza e soltura necesaria para o seu uso.

Cambrigde

O colexio é centro preparador e examinador de Cambrigde.

Francés e Alemán

Ofértase tamén lingua francesa e alemán dende 1º da ESO ata 2º de Bacharelato.

Intercambios lingüísticos e outros proxectos internacionais

Intercambios lingüísticos e outros proxectos internacionais

Promovemos os programas europeos Comenius, Erasmus +, Euroscola ou European Youth Parlament, actividades de inmersión lingüística como intercambios ou cursos de verán no estranxeiro.

OBXECTIVOS

  • Dar a oportunidade aos nosos alumnos de comprobar in situ cal é o seu verdadeiro nivel da lingua extranxeira que estudan.
  • Axudar a madurar, facéndolles vivir durante uns días de forma independiente, sen a seguridade e protección que dá o núcleo familia
  • Animámolos a interesarse por coñercer outro país e outra cultura, apreciando e respectando as diferenzas
  • Implicar a toda a familia nunca actividad escolar
  • Fomentar as relación persoais e facer novos amigos

A coordinación de Programa de Pluriligüismo e Proxectos Internacionais e do profesor Raúl Prada Baceiredo.

Contacta con nós

Para cualquera duda ou consulta, rechee este formulario e lle contestaremos tan pronto como sexa posible.

X