Da porta para adentro, todo o colexio é capela

Así se refería un dos recentes Xenerais da Compañía de Xesús ao traballo educativo nos centros docentes dos xesuítas. É por iso que entendemos o traballo pastoral como tarefa misioneira en sentido amplo, e iso supón unha serie de retos que van desde as estruturas básicas da pastoral, ata as metodoloxías, pasando polas persoas que forman parte do terreo da pastoral infantil e xuvenil (e cada vez mais familiar) -nenos, mozos, familias,  pastoralistas- e o modo de relación entre eles.

Buscamos unha pastoral que sexa profundamente coherente, antropolóxicamente significativa, da man da persoa de Xesús de Nazaret e que faga unha  explicitación do coñecemento e experiencia de Deus, segundo a Espiritualidade Ignaciana.

Partimos da realidade do noso alumnado e das nosas familias, atendemos as súas preocupacións, provocamos preguntas e posibilitamos o encontró con Xesús. Desde esta formulación cómpre entender as distintas actividades pastorais que ofertamos ao longo do curso: campañas solidarias, oración da mañá, convivencias, retiros, a experiencia do Camino de Santiago, campos de traballo, celebracións litúrxicas, encontros  intercolexiais, etc.

O obxectivo final non é o de facer moitas cousas, senón aquelas que poidan chegar máis fondo, axudando aos nenos e mozos a descubrir a súa vida en clave crente.

Para máis información, consultar www.lineasdefuerzasj.org

O coordinador do Departamento de Pastoral e David Viso Carrera

Contacta con nós

Para cualquera duda ou consulta, rechee este formulario e lle contestaremos tan pronto como sexa posible.

X