Con motivo do 10.º aniversario de Grandes Amigos en Vigo e do Día Internacional das Persoas Maiores, o MARCO acolleu a xornada «O camiño cara a unha lonxevidade en comunidade», un encontro para abordar algúns dos grandes retos da nosa sociedade, como a lonxevidade, a soidade e o idadeísmo.
O noso colexio estivo presente da man de Sara Gómez, profesora e responsable de voluntariado, que participou como relatora para compartir o traballo que desenvolvemos xunto á Fundación Grandes Amigos e, especialmente, a experiencia do noso grupo de voluntariado.
Trátase dun proxecto que pon en contacto diferentes xeracións, que crea vínculos entre persoas maiores e mozos e mozas e que nos lembra que, cando nos achegamos aos demais, todos temos algo que achegar e moito que recibir.

