Despois de ser posposto polas condicións meteorolóxicas durante as festas colexiais, cando si correu o alumnado de Educación Infantil, o pasado 30 de maio, os nenos e nenas de Educación Primaria participaron no tradicional Cros Solidario #Corre por unha causa
Trátase dunha actividade que realizamos cada ano e na que convertemos cada zancada nun xesto de solidariedade activa e cada volta ao circuíto é unha aposta por un mundo máis xusto. Con esta iniciativa, impulsada pola ONG Entreculturas e Alboan, buscamos unir educación e compromiso social desde a infancia.

Este ano, os fondos recadados destinaranse a dar resposta a tres realidades urxentes:
-A crise educativa e social no Líbano
-Os campos de refuxiados en Tanzania
-A emerxencia humanitaria en Chad
Cando corremos por unha causa, tamén educamos en valores, espertando conciencia no alumnado e sementando esperanza en quen máis o necesitan. Educamos en valores espertamos conciencia no noso alumnado e sementamos esperanza en quen máis o necesitan.