Educación Secundaria Obligatoria – ESO (1º-2º-3º-4º)
Metodoloxía:
Conxugamos a Aprendizaxe Cooperativa con outras metodoloxías activas que poñen ao alumnado no centro da aprendizaxe.
Acompañamento:
Temos un Plan de Acción Titorial propio con unha hora semanal de titorías para traballar a Educación en Valores. Entrevistas persoais co alumnado por parte dos titores.
Convivencia:
• Programa KIVA: Programa de Prevención do Acoso Escolar. Experiencia de máis de 3 anos.
• Conflitos: Grupo de convivencia-resolución de conflitos entre pares, círculos restaurativos, delegados KIVA de convivencia.
• Plan de Adaptación: socialización de alumnos novos. Acompañamento titorial a alumnos e familias.
Aprendemos desde a diversidade:
• Variedade metodolóxica.
• Atención á Diversidade: Clases de reforzo gratuítas en áreas instrumentais. Aula Arrupe para alumnos con NEAE.
• Oportunidade de aprobar en distintas convocatorias e de subir nota.
Plurilingüismo:
• Materias Bilingües dependendo dos cursos: Xeografía, Música, Ciencias, TIC,
• Segunda lingua estranxeira: Francés e Alemán
• Actividades de intercambio: Reino Unido e Francia.
Construimos Colexio:
Participación do alumnado na realización de actividades, festas colexiais, calendarios de exames, presenza de delegados de sección e de curso. Escola de Familias.
Dimensión social:
Voluntariado: Rede da Mocidade Solidaria con Entreculturas.