info@colegioapostol.com  |  986 371 011 | 

O Camiño de Santiago en familia

O Camiño de Santiago en familia

O domingo 18 de outubro deu comezo unha nova iniciativa impulsada por un grupo motor de familias en colaboración co colexio: realizar o Camiño de Santiago en familia, compartindo un domingo ao mes o camiño, a convivencia e a fe.

A proposta contempla percorrer durante o curso distintas etapas do Camiño Portugués, adaptando cada percorrido ás características do grupo e das familias participantes.

Ao rematar cada etapa, as familias teñen a oportunidade de compartir unha comida e celebrar xuntas unha Eucaristía, poñendo o broche a unha xornada pensada para gozar do camiño e fortalecer os vínculos entre as familias do colexio.

Unha iniciativa que busca compartir tempo, camiñar xuntos e atopar tamén no Camiño un espazo para vivir e celebrar a fe en familia.