info@colegioapostol.com  |  986 371 011 | 

Nova edición do concurso Baltasar Merino

O Departamento de Ciencias do Colexio pon en marcha unha nova edición do concurso anual de ciencia e tecnoloxía Baltasar Merino, unha iniciativa xa consolidada no noso centro.

O certame está dirixido a todo o alumnado da ESO e de Bacharelato, que poderá participar de maneira individual ou en equipos de ata dous integrantes. O obxectivo é promover o interese pola ciencia e a tecnoloxía, ofrecendo un espazo onde desenvolver proxectos innovadores e compartir inquedanzas científicas.

A temática dos traballos é libre, sempre que estea relacionada co ámbito científico. Con todo, desde o colexio proponse este ano como liña orientativa a ciberseguridade.

Animamos a todo o alumnado a participar nesta oportunidade para investigar, crear e poñer en valor o seu talento científico.

As persoas interesadas poden consultar as bases do concurso aquí.