Pechamos unha Semana das Ciencias na que o noso alumnado de Secundaria e Bacharelato achegou a ciencia aos máis pequenos do colexio a través de distintos proxectos e experimentos que presentaron polas clases e que culminou co Festival Científico CinVigo. Ciencia na rúa” organizado por CINBIO. Nel, alumnado de 1ºESO participou presentando 4 proxectos comprometidos co coidado da creación que nacen do traballo dos “Venres en proxectos”, unha aposta pola aprendizaxe competencial e a mirada interdisciplinar.
Os proxectos que explicaron foron:
-Coche con sensor de auga.
-Auga sostible: colleitando choiva de forma intelixente.
-Prevención de riscos naturais.
-Faro sostible: iluminando o mar con intelixencia, que conseguiu o 1º voto do público!
Este recoñecemento é importante pero máis o é o poñer en práctica o traballo en equipo e seguir crecendo como persoas conscientes, competentes, compasivas e comprometidas.
Levamos a ciencia á rúa2025-04-272025-04-30http://colegioapostol.com/wp-content/uploads/2021/11/colexio-xesuitas-vigo-logo-horizontal.pngColexio Apóstol Santiago - Xesuitas Vigohttps://colegioapostol.com/wp-content/uploads/2025/04/portada-scaled.jpg200px200px