Lección inaugural de Rogelio Garrido, director de Faro de Vigo

Como é costume, o curso comezou coa lección inaugural que o alumnado de 2º de Bacharelato recibiuno salón de actos. O director do colexio, Alberto Remeseiro, deu a benvida a todos neste curso que comezamos formando parte da Fundación Educativa Jesuitas Noroeste. 

 Nesta ocasión, contamos coa presenza do xornalista Rogelio Garrido, actual director de Faro de Vigo. Garrido leva desde as súas orixes profesionais traballando neste medio, onde ingresou xa en 1991. Pasou por distintas seccións e edicións dentro do xornal e impulsou o proceso de transformación dixitaldo mesmo. Compatibilizou tamén a súa actividade xornalística coa docencia durante 5 anos nafacultade de Humanidades da Universidade de Vigo. Acudiu coa intención de facer pensar” aoalumnado con cuestións expostas desde a súa propia experiencia. Faloulles da diferenza entre información e comunicación, o que é verdade e o que non o é, a facilidade coa que a verdade se confunde. Falou da desinformación derivada dos bulos e fake news, ou da predisposición que existe a non acceder a información veraz senón a redes que difunden bulos. Buscou xerar dúbidas e lanzarllespreguntas a eles coa intención de xerar diálogo. 

 Afirmou que a primeira vítima da desinformación é a liberdade e a única forma de defendela é non dar por boa a información que nos chega. Animou a pelexar pola liberdade sendo a lectura unha boa forma de conseguilo.