info@colegioapostol.com  |  986 371 011 | 

Lección Inaugural curso 25-26

Onte tivo lugar a Lección Inaugural para o noso alumnado de 2º de Bacharelato. É a nosa maneira de acollerlles no seu último curso, un xesto de agarimo  cara  quenes pronto pecharán a súa etapa académica na que foi e seguirá sendo a súa casa.

Este ano acompañounos o psicólogo clínico José Eduardo Rodríguez Otero, que falou sobre a importancia do coidado persoal, a xestión das emocións, a resolución de problemas e a valentía de pedir axuda cando é necesario. Todo iso con exemplos  que axudaron a comprender determinadas situacións.

Un encontro que busca acompañar ao noso alumnado nun curso decisivo cheo de interrogantes, lembrándolles que non están sós e que o colexio segue camiñando ao seu lado.

Desexámoslles un feliz e próspero curso no que atopen a súa verdadeira vocación.