Proceso continuo, permanente e participativo que busca desenvolver armónicamente e coherentemente todas e cada unha das dimensións do ser humano (ética, espiritual, cognitiva, afectiva, comunicativa, estética, corporal e socio-política), co fin de conseguir a súa realización plena na sociedade, construíndo unha mellor calidade de vida, aportándolle ao entorno social onde se desenvolven.

Un modo de facer que abarca diversas actividades ao longo do seu paso polo colexio, có obxectivo de que os nosos alumnos medren na súa dimensión intrapersoal, interpersoal e na dimensión espiritual, buscando que saían do noso centro sendo persoas conscientes, compasivas, competentes e comprometidas.

“Ensinar a pensar”

As actividades que se desenvolvan deben responder á pregunta: Que se pode facer para mellorar a capacidade de aprender e pensar nos alumnos?

“Ensinar a ser persoa”

Como podemos axudar aos alumnos na construción da súa identidade persoal? Autoestima, adquisición de valores.

“Ensinar a convivir”

Como desenvolver nos alumnos as capacidades sociais básicas para unha boa convivencia? Técnicas dinámica de grupo, habilidades sociais.

“Ensinar a comportarse”

Como contribuír a que os alumnos melloren a súa capacidade de adaptación escolar e social? Respecto ás normas de convivencia, desenvolvemento do espírito de solidariedade e cooperación.

“Ensinar a decidirse”

Como ensinar e aprender a tomar decisións profesionais? Orientación académica e profesional propiamente dita.

Estes cinco eixes de intervención estarán ademais impregnados dos chamados temas transversais, como son a educación ambiental, do consumo, educación para a paz, para a saúde, sexual, educación viaria e educación para a igualdade.

A responsable do Departamento de Formación Humana e Irene Valverde Viqueira

Contacta con nós

Para cualquera duda ou consulta, rechee este formulario e lle contestaremos tan pronto como sexa posible.

X