Reunión coas novas familias de 4º de Infantil, o luns 26 de xuño

O Colexio Apóstol Santiago Xesuítas Vigo convoca ás familias que o vindeiro curso terán fillos e fillas en 4º de Educación Infantil (3 anos) a unha reunión informativa, o luns 26 de xuño, a partir das 17:30 horas, no salón de actos do colexio. Nese encontro terán a oportunidade de coñecer ao equipo humano que traballa en Educación Infantil, así como saber o funcionamento de período de adaptación, ademais doutras informacións prácticas.