Premios do XXXIV Concurso Literario

Hai uns días coñeciamos os gañadores do XXXIV Concurso Literario Apóstol Santiago que este ano chegaba fóra de data, mais coma un anticipo inesperado dos Reis Magos. A piques de comezar as vacacións de Nadal, os nosos futuros literatos recibían con moita alegría e non pouca sorpresa os agasallos que os profesores lles entregaban xunta os parabéns e aplausos dos seus compañeiros. Relación de premiadas e premiados.  Foron moitas as dificultades que houbo que vencer para que nun ano que está sendo tan complicado, o concurso puidese saír adiante. Unicamente as moitas ganas e ilusión dos participantes, profesorado do colexio, ANPA e Edicións Xerais fixeron posible que hoxe publicásemos esta noticia. Noraboa a todos os que fixestes posible este momento.