Eleccións ao Consello Escolar 18/19

O Colexio entra, neste mes de novembro, no proceso de renovación do Consello Escolar. Afecta ao profesorado, familias e alumnado. Unha vez creada a Xunta Electoral, queda definido o calendario electoral. As eleccións serán o mércores 28 de novembro e animamos a o alumnado, profesorado e a todas as familias con fillos ou fillas en Educación Infantil, Primaria e ESO a que se presenten a estas eleccións. O Consello Escolar é un dos órganos principais e imprescindible para o corrector funcionamento do centro. Calendario electoral Normativa da Xunta