A tarefa pastoral a entendemos como una labor misioneira e iso supón unha serie de retos que van desde as estruturas básicas da pastoral, ata as metodoloxías, pasando polas persoas e a súa testemuña de vida que forman parte do terreo da pastoral –dende infantil e xuvenil (nenos e mocidade) ata familias e persoal do centro- e tamén o modo de relación entre eles.

Buscamos unha pastoral que sexa profundamente coherente,  antropolóxicamente significativa e que faga unha  explicitación do coñecemento e experiencia de Deus da man do compromiso que de él se deriva, segundo a Espiritualidade  Ignaciana. Partimos da realidade do noso alumnado, atendemos as súas preocupacións, provocamos preguntas e posibilitamos o encontro con Xesús e coa comunidade.

Desde esta formulación han de entenderse as distintas propostas pastorais que ofertamos ao longo do curso. O obxectivo final non é o de facer moitas actividades, senón aquelas que poidan chegar máis fondo, axudando ao alumnado, as familias e ao persoal do centro a descubrir a súa vida en clave crente.

Para máis información: www.lineasdefuerzasj.org

¡Botálle unha ollada o vídeo de Pastoral e voluntariado!

IDENTIDADE

A experiencia de Ignacio de Loyola e a Espiritualidade Ignaciana que dela naceu abrangue todas as propostas e actividades que forman parte da programación pastoral do noso centro como son as convivencias cristiás ou a celebración da SEMANA IGNACIANA. A rica historia e percorrido do noso centro, case que 150 anos, fai sentirmos colexio peregrino coas súas propias señas de identidade.

INTERIORIDADE, ORACIÓNS e CELEBRACIÓNS:

O coidado da nosa vida interior, contemplando as diferentes sensibilidades de cada quen, nos axuda a por en valor o encontro agradecido con Deus, pai-nai de todas e todos. As celebracións e as oracións compartidas alimentan a vida cotiá ó longo do curso.

EXPERIENCIAS IMPORTANTES

As citadas convivencias, a Javierada, o Camiño de Santiago, as convivencias Intercolexiáis, a Peregrinación a Loiola e, en algún curso, a Viaxe a Roma son algún dos fitos que alumean o proceso de crecemento persoal do noso alumnado.

GRUPOS, COMUNIDADE, CENTRO LOIOLA

Parece claro que a fe non se pode vivir en soidade. A fe é un agasallo para compartir con outros, para ser vivida en comunidade. Por iso dende o proceso de preparación para o Sacramento da confirmación, pasando polos GRUPOS MAG+S (comunidades universitarias) e ata os ADULTOS, o Centro Loiola ofrece a posibilidade de compartir a fe e a vida en clave crente.

Pastoral participa da acción social do Centro

Contacta con nós

Para cualquera duda ou consulta, rechee este formulario e lle contestaremos tan pronto como sexa posible.

X