“Día do Pan” no comedor escolar

Os nosos alumnos puideron achegarse á realidade dun alimento tan necesario e habitual como é o pan. O comedor do Colexio foi o lugar elexido para realizar esta iniciativa, dentro do proxecto educativo amplo que pretendemos tamén ofertar desde este espazo vinculado a alimentación e aos hábitos saudables.

O eixo central foi montar a “Mesa do Descubrimento do Pan”. Situada na zona de autoservicio, informaba con carteis e cunha mostra de distintas variedades de pan. Unha monitora foi explicando aos nenos e nenas usuarios do comedor as diversas curiosidades, beneficios desde alimento e tamén os distintos tipos de pan.

 

X