Quen pasou polo Apóstol sabe que as convivencias son desas experiencias que nos acompañan para sempre na mochila.
Entre setembro e outubro, o noso alumnado —exceptuando o de Infantil— viviu as súas xornadas de convivencia, días de encontro, reflexión e comunidade.
Foron momentos para parar e mirar dentro, recoñecer as nosas emocións, descubrir que nos dá forza e recatarnos que nos sentimos ben cando formamos parte dun grupo que escoita, comprende, respecta e quere.
Nestes espazos, fortalecemos a nosa identidade, reflexionado sobre os nosos valores e proxectado xuntos un futuro con sentido, sabendo que ata nas dificultades sempre se pode volver empezar.
A oración, os xogos e a reflexión persoal lémbrannos que cada un é un don para o grupo.
Son, sen dúbida, unha oportunidade para seguir construíndo o “nós” que dá sentido á nosa comunidade educativa.
Convivencias no Apóstol2025-10-312025-11-01http://colegioapostol.com/wp-content/uploads/2021/11/colexio-xesuitas-vigo-logo-horizontal.pngColexio Apóstol Santiago - Xesuitas Vigohttps://colegioapostol.com/wp-content/uploads/2025/10/convivencias_09_006.jpg200px200px

