Esta semana, finalizamos as convivencias en todos os cursos (agás Educación Infantil, que as terán durante a Semana Ignaciana). Dentro do noso plan de acción pastoral as convivencias representan unha experiencia única que nos identifica como colexio de espiritualidade ignaciana, fomentando a cohesión e o sentido de pertenza.
![](https://colegioapostol.com/wp-content/uploads/2024/11/noticia_11_14_3-1024x1024.jpg)
Cada convivencia está deseñada a partir da realidade dos nosos estudantes, atendendo ás súas preocupacións, alentando preguntas, espertando curiosidade e empatía, e reducindo conflitos que poidan xurdir na aula, creando así momentos de reflexión que alumean o seu proceso de crecemento persoal. É nestes encontros onde se posibilita o acercamento a Xesús e á comunidade brindándolles unha oportunidade única para descubrir e fortalecer o seu sentido de vida.
![](https://colegioapostol.com/wp-content/uploads/2024/11/noticia_11_14_1-1024x1024.jpg)
Para os docentes, son igualmente significativas, xa que permiten coñecer mellos ós estudantes e descubrir cualidades que non sempre se manifestan na rutina diaria. Ao crear un ambiente de confianza e colaboración, sentan as bases para unha aprendizaxe máis efectiva e enriquecedora.
Desexamos que esta experiencia os siga acompañando no seu camiño!
![](https://colegioapostol.com/wp-content/uploads/2024/11/noticia_11_14_2-1024x768.jpg)