info@colegioapostol.com  |  986 371 011 | 

Convivencias de deporte federado

No noso Colexio, a formación vai máis alá das aulas. Por iso, durante esta fin de semana e o anterior, parte do noso alumnado de deporte federado acudiu á estación de montaña de Cabeza de Manzaneda.

Con estas actividades, buscamos non só fomentar a práctica dun hábito tan saudable como é o deporte, senón que cultivamos a convivencia e fomentamos a cohesión como grupo, esencial no desenvolvemento integral dos nosos alumnos e as nosas alumnas, nunha contorna que nos permite ensinar os valores fundamentais que nos definen como Colexio.