info@colegioapostol.com  |  986 371 011 | 

Comezan as reunións de familias

O pasado 7 de setembro celebramos a primeira reunión de familias deste curso, nesta ocasión coas familias de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil.

A xornada comezou cunha benvida por parte da Dirección, que aproveitou este primeiro encontro para saudar ás familias e compartir con elas algunhas das claves que marcarán este novo curso.

Durante a reunión tamén se presentaron as Liñas de Forza e o lema que nos acompañará ao longo do ano —«Érguete e anda»—, así como diferentes aspectos relacionados coa etapa de Educación Infantil: a súa proposta educativa, a maneira de acompañar os nenos e nenas nestes primeiros anos e os principais momentos que vivirán ao longo do curso.

O encontro contou tamén coa participación de representantes da ANPA, que presentaron ás familias o seu labor e as diferentes iniciativas que desenvolven no Colexio. 

Un primeiro encontro para dar a benvida ás familias, compartir información e comezar este novo curso desde a confianza, a colaboración e o acompañamento.