info@colegioapostol.com  |  986 371 011 | 

Comeza a campaña do Nadal

Atopámonos a piques de entrar no tempo de Advento e, segundo figura no noso calendario escolar, o 1 de decembro arrincamos coa campaña de Nadal, que este ano leva por título “Libres para servir, tamén no Nadal”.

Como se indica no cartel que acompaña esta información, esta campaña vivirémola desde tres dimensións:

– A celebrativa, explícitamente relixiosa acorde aos nosos acenos de identidade, iremos levando a cabo a través das oracións da mañá e celebracións.
– A solidaria, como compromiso claro de axudar aos que máis o necesitan colaboran con varias campañas e asociacións. Deus regálasenos e nós debemos ser agasallo para os demais, e especial para os máis necesitados.
– A lúdica, que recolle unha serie de actividades que nos convidan a celebrar a vida en todo o seu esplendor.
Aquí máis información detallada de todos os actos.