Esta semana estamos a traballar co alumnado os valores da paz e da solidariedade, achegándonos ao fenómeno migratorio dunha maneira próxima e adaptada a cada idade.
O momento central desta sensibilización tivo lugar o martes 27, coa celebración do Día do Migrante, que vivimos co noso xa tradicional bocadillo solidario. Un xesto sinxelo —un bocadillo, unha peza de froita e auga— que se converte nunha gran lección: poñernos, aínda que sexa por un intre, no lugar de quen vive realidades moito máis duras ca a nosa
Foi unha xornada de encontro entre alumnado, profesorado e familias, na que a comunidade educativa demostra que pequenos xestos poden xerar grandes cambios.
Grazas ao recadado nesta iniciativa, colaboramos coa ONG Entreculturas no proxecto que desenvolve en Sudán do Sur, apoiando o dereito á educación de nenos e nenas que máis o precisan.
Moitas grazas a todas as persoas que colaborastes, dun xeito ou doutro.

