info@colegioapostol.com  |  986 371 011 | 

Celebramos a Semana das Migracións

Como colexio cunha mirada  posta nos máis necesitados, esta semana celebramos a Semana das Migracións, primeiro, co Día do Migrante, no que tivemos talleres e actividades de sensibilización do alumnado, e o seu tradicional bocata solidario. Un significativo momento no que simulamos o reparto de comida nun asentamento de migrantes. Trátase dunha nova oportunidade para traballar co noso alumnado os valores de paz e solidariedade. Con todo o recadado nesta iniciativa, podemos colaborar co proxecto que a ONG Entreculturas desenvolve en Guatemala, para que nenos e nenas excluidos do sistema educativo poidan acceder a unha educación de calidade,  respondendo deste xeito á “chamada” de acudir cara ás fronteiras do mundo como nos indica o lema deste curso.

Nun segundo momento, o xoves día 30, unímonos para reflexionar sobre a PAZ e as MIGRACIÓNS, dous temas que están profundamente conectados, construíndo xuntos un quebracabezas moi especial con pezas que nos axudaron a  entender mellor as causas que obrigan a tantas persoas  a deixar o seu fogar: conflitos bélicos, crises económicas, cambio climático, e persecución política e social. Ao dar a volta ás pezas do quebracabezas, apareceu unha pomba da paz, como símbolo de esperanza. Lembrounos que só enfrontando as causas das migracións poderemos construír un mundo máis xusto e pacífico para todos.

Ademais, o alumnado se Secundaria da materia optativa de alemán protagonizou un concerto no salón de actos para lembrar  que a paz non é só un desexo, é un compromiso con quen migra en busca dunha vida mellor.