Campamento de inglés, verano 2019, en Celorio

Un ano máis queremos presentarvos a experiencia Ignatian Englih House (IEH), o campamento de inmersión lingüística organizado pola Compañía de Xesús en Celorio (Asturias) para nenos e nenas de 5º e 6º de EP (e 1ºESO en número reducido).

Este campamento desenvólvese ao longo de 15 días, en dúas quendas nos meses de xuño/xullo, co obxectivo fundamental de perfeccionar o inglés adquirido durante o curso escolar, a través dunha experiencia de inmersión lingüística nun contexto de convivencia responsable e de formación integral do alumnado nas súas facetas persoais, sociais e espirituais. Compaxinan docencia, ocio, deporte, aventura, veladas, xogos,..  nun entorno natural espectacular e en compañía, en todo momento, de mestres e monitores vinculados aos colexios dos xesuítas en Asturias.

Podedes consultar más información sobre datas, costes, condicións, loxística… dos cursos pasados no enlace do BLOG do IEH:

http://celorioenglishouse.blogspot.com.es/

Ademais, o mércores 12 de decembro ás 17.30, no salón de actos, Eusebio de la Vega López, director do campamento IEH, estará no colexio para ter una reunión coas familias interesadas en ter información máis polo miúdo desta fantástica e exitosa experiencia.

X