info@colegioapostol.com  |  986 371 011 | 

Buscando camiños ilusionantes no Evanxeo

O Colexio Apóstol Santiago de Vigo recibiu a semana pasada unha visita especial, o Bispo da Diócese Tui-Vigo, D. Antonio Valín Valdés, quen acudiu por vez primeira, tras a súa recente Consagración, ao centro educativo, e cuxa presencia no Colexio enmárcase dentro do seu desexo para “convidarnos a soñar”, coa intención de ir “buscando camiños ilusionantes no Evanxeo”, tal e como escribe na súa carta programática para este curso. Acompañado de Benigno Álvarez SJ, Fernando Gálligo SJ, Dani Costa SJ e o Equipo de Pastoral do Colexio, a súa visita comezou cunha oración que aludía ao lema das Liñas de Forza deste curso 2024-2025: Ven, sígueme.

Posteriormente e despois de manter un pequeno encontro co Equipo de Pastoral, reuniuse co Equipo Directivo, coñeceu a persoal do Colexio e visitou as instalacións e algunhas aulas do Centro, coincidindo con alumnado que proximamente recibirá o Sacramento da Confirmación. Neste novo curso, o Colexio Apóstol de Vigo súmase á invitación do seu Bispo para soñar xuntos, na procura de camiños cheos de oportunidades, polo camiño da fe.