TEMAS DESTACADOS

RESERVA DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2017-2018

Estimadas familias:

Un ano mais a libraría do Colexio ofrece a posibilidade de reservar os libros de texto dos alumnos.

As familias que estean interesadas en reservar os libros a través da libraría, poderán facelo a través de este enlace 

Acceso Sistema Reserva Libros de texto ->

O enlace pernanecerá na páxina web do Colexio do 22 de xuño ó 4 de xullo, ambos incluídos.

Para acceder a esta aplicación simplemente terán que teclear o DNI do pai ou nai e por unha dirección 
de correo electrónico para que poidan recibir a confirmación da solicitude. 

O servizo de reserva inclúe:

DESPEDIMOS O CURSO CUNHA NOVA EDICIÓN DA REVISTA O NOSO LAR

 

Xa temos no colexio o número 53 da revista O Noso Lar, que acaba de ser editada neste mes de xuño. A publicación recolle os principais acontecementos e novas vinculadas có colexio, desde febreiro ata xuño.

A reunión da PAL (Plataforma Apostólica Galega) no Apóstol, e o premio nacional da ESO que obtivo a nosa alumna Eva Diz, son protagonistas na portada. Dentro, as novas por ciclos, departamentos, a graduación de 2º de Bacharelato e moitas informacións que seguro son do teu interés.

APERTURA ROPERO

Ya está finalizando el curso y una vez más El Colegio y el ANPA colaboran para poder dar una segunda vida a los uniformes que se han quedado pequeños.

Abriremos el ropero el jueves día 29 de junio, tanto por la mañana como por la tarde, en el siguiente horario:

De 11:00 a 12:00h
De 17:00 a 18:00h

Os animamos a entregar todas las piezas de ropa que vuestros hijos no vayan a volver a utilizar y a solicitar aquellas que necesitéis.
Hacen mucha falta chándales, faldas y jerséis de tallas medianas y grandes. 
Hacemos un llamamiento especial a las familias de 6º de EP que se despiden de los uniformes para que hagan sitio en los armarios.

CELEBRACIÓN DO 250º ANIVERSARIO DO PECHE DO PRIMEIRO COLEXIO DOS XESUÍTAS EN GALICIA

A presenza dos xesuítas en Galicia comezou en 1556 coa decisión de construír, en Monterrei  (Ourense), o primeiro colexio da Compañía de Xesús na nosa comunidade, que foi chamado Santiago o Maior. Ademais, foi o último que fundou San Ignacio pouco antes de morrer.

Este fin de semana, nun acto histórico para a Compañía de Xesús en Galicia, conmemorouse o 250º aniversario da desaparición dese primeiro colexio dos xesuítas en terras galegas. O director do noso colexio, Iván Mirón, e o superior dos xesuítas en Vigo, Pedro Armada sj, representaron ao Colexio Apóstol neste acontecemento. 

ACOLLIDA AUXILIAR DE CONVERSACIÓN

Estimadas familias:   

Entramos en contacto con vostedes, porque o próximo ano queremos seguir a experiencia de aloxar nas vosas casas un auxiliar de conversa. A nosa escola participou por tres anos nun programa de asistentes de linguas, o que nos permite gozar de varios falantes nativos en inglés que dan soporte o proxecto plurilingüe do colexio, facendo tarefas de asistencia e apoio ás actividades de ensino e aprendizaxe de inglés e aumentando o contacto dos nosos alumnos con esta linguaxe.

Páxinas

we advice you on question where you can buy ambien online cheap

i can advice you how to buy tramadol online tracking on USA tracking on USA