slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3 slideshow 4 slideshow 5 slideshow 6 slideshow 7 slideshow 8 slideshow 9

Identidade

O derradeiro obxectivo e razón de ser do Colexio Apóstol Santiago da Compañía de Xesús é o crecemento persoal e global da persoa, que leva aparellado a opción e o compromiso cos valores, consonte aos principios e visión humana e cristiá da vida. 

Centro plurilingüe

O noso Proxecto Educativo ten como obxectivo básico a formación integral, e dentro dela queremos dar resposta á necesidade de posuír, na sociedade actual, un bo dominio de como mínimo dous idiomas da Comunidade Europea e un manexo fluído dos mesmos.

Actividades Paraescolares

Actividades Paraescolares co fin de apoiar a formación integral, fomentar afeccións útiles para o positivo emprego do tempo de lecer e fomentar as relacións e os valores humanos.
Flexibilidade de horarios, niveis de ensino e tipo de actividade.

Listaxes correspondentes ao disposto no artigo 16.3 da Orde do 22 de xaneiro de 2018 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.(DOG do 7/02/2018) , unha vez rematado o prazo establecido no artigo 16.2 desta Orde de convocatoria.
Estas listaxes, así como as instrucións correspondentes, poderán consultarse na web da convocatoria (http://www.edu.xunta.es/axudasle ).

Adxuntamos lista coa relación de premios da gran rifa solidaria das festas colexiais 2018 organizado pola ANPA. A recadación, superior os 15.000 euros, vai destinada ao proxecto de Entreculturas nun colexio do campo de refuxiados de Baalbek, no Líbano, con nenas e nenos sirios.

Grazas a todos e todas pola participación nesta acción solidaria.

Cento dos alumnos e alumnas participastes na edición XXVII do Concurso de Ciencias Sociais, Maratón de Preguntas. As familias e achegados colaboraron en moitos casos tamén para descubrir feitos históricos, personaxes, lugares marabillosos, obras artísticas, curiosidades que nos levan de Vigo a calquera parte do mundo, episodios históricos que nos sitúan en moi diferentes épocas e momentos...Sesenta e sete preguntas por categoría e, para os máis ousados, 201 na categoría Filípides (case máis traballiño que percorrer eses 42 kilómetros dende Maratón a Atenas).

A Asociación de Nais e Pais do Colexio (ANPA) solicita a colaboración de persoas adultas para participar como voluntarias na organización das festas colexias, que terán lugar a vindeira semana (10 e 11 de maio).

Os interesados poden anotarse na caseta de madeira, ou ben por correo na conta actividadesanpa.colegioapostol@gmail.com ou por whatsapp no número 696 384295, indicando o nome, teléfono de contacto e horario dispoñible.

Grazas por colaborar

Un ano máis, desde o Colexio, e xunto ao noso colaborador habitual Newlink-Global Project, lanzamos as estancias no estranxeiro no verán para nenos e adolescentes. Ademais de toda a información engadida que podedes obter a través do contacto que podedes atopar no PDF adxunto, o vindeiro luns 30 de abril, pasaremos por todas as aulas de Secundaria para informar o alumnado destas experiencias de verán, de como se desenvolven e en que consisten.
 

Páxinas

we advice you on question where you can buy ambien online cheap

i can advice you how to buy tramadol online tracking on USA tracking on USA