slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3 slideshow 4 slideshow 5 slideshow 6 slideshow 7 slideshow 8 slideshow 9

Identidade

O derradeiro obxectivo e razón de ser do Colexio Apóstol Santiago da Compañía de Xesús é o crecemento persoal e global da persoa, que leva aparellado a opción e o compromiso cos valores, consonte aos principios e visión humana e cristiá da vida. 

Centro plurilingüe

O noso Proxecto Educativo ten como obxectivo básico a formación integral, e dentro dela queremos dar resposta á necesidade de posuír, na sociedade actual, un bo dominio de como mínimo dous idiomas da Comunidade Europea e un manexo fluído dos mesmos.

Actividades Paraescolares

Actividades Paraescolares co fin de apoiar a formación integral, fomentar afeccións útiles para o positivo emprego do tempo de lecer e fomentar as relacións e os valores humanos.
Flexibilidade de horarios, niveis de ensino e tipo de actividade.

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

XXVI CONCURSO DE CIENCIAS SOCIAIS

Arrancamos o XXVI Concurso de Ciencias Sociais - Maratón de preguntas que organiza o departamento de Ciencias Sociais en colaboración coa ANPA. Está destinado ao alumnado, desde 5º de Primaria ata 2º de Bacharelato, e xa tedes as preguntas para as catro categoría de participantes. O plazo para entregar as respostas remata a finais de marzo. Ánimo e a por elas!

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA NO CENTRO LOIOLA

 

 

Interesante exposición de fotografía exposta no Centro Loiola ata o 28 de febreiro en colaboración coa parroquia San Francisco Xavier, có barrio e con Proxecta un novo Teis.

Máis información ->

O COLEXIO ACOLLE O I ENCONTRO DA PAL GALICIA

O colexio acolleu o pasado sábado, 11 de febrero, o I Encontro da PAL (Plataforma Apostólica Local) de Galicia, no que participaron unhas 250 persoas. Unha oportunidade de coñecer todas as obras que facemos posible a presenza da Compañía de Xesús no territorio galego.

Ademais dos tres colexios da Compañía en Galicia (A Coruña, Santiago e Vigo), acudiron membros doutras obras como Radio ECCA, Entreculturas (con voluntarios das súas tres sedes en Galicia), o Colexio Maior Universitario San Agustín, a Rede Ignaciana da Coruña, o programa Peregrinus de Santiago de Compostela e Aulas de Maiores.

A xornada iniciouse coas palabras de benvida do Pai Isidro González Modroño, en representación da PAL Galicia, ás que seguiron as de Pedro Armada, superio dos xesuítas en Vigo, que leu unha emotiva carta do novo Pai Xeral da Compañía de Xesús, o venezolano Arturo Sosa, felicitando ao colexio Apóstol Santiago polos seus 100 anos na cidade de Vigo.

Ver Album de fotos ->

RECADADOS 4.253 € NO DÍA DE BOCATA PARA MANS UNIDAS

O Día do Bocata, enmarcado dentro da Semana da paz e da solidariedade, celebrouse o pasado 31 de xaneiro baixo a organización do alumnado de 1º Bacharelato. Pese a choiva e o pésimo día  que tivemos a nivel climatolóxixo, logrouse recadar 4.263,17 eruos que serán doados íntegramente á organización “Mans Unidas”  e a súa campaña “Plántalle cara á fame: Sementa”.

A recadación adicarase a un  programa de capacitación para o desenvolvemento económico e social na Bahía de Jiquilisco (El Salvador), que se explica neste enlace.

 

O XOGRAR CRISPIN D`OLOT REPRESENTA "VERSOS E BARDOS" NO COLEXIO

Dende o Departamento de Linguas, programamos un ano máis unha actividade complementaria ás clases que se desenvolven na aula dirixida a todos os alumnos de Secundaria.

Trátase do espectáculo: “Versos y bardos”, unha viaxe a través da literatura en lingua castelá interpretada polo veterano xograr Crispín d´Olot. Crispín presentounos unha coidada selección de textos, uns cultos, outros populares e cómicos, de forma novedosa, moi amena e ademais didáctica.

Páxinas

we advice you on question where you can buy ambien online cheap

i can advice you how to buy tramadol online tracking on USA tracking on USA