TEMAS DESTACADOS

APOIANDO AOS NOSOS FILLOS E FILLAS

A xunta directiva do ANPA do colexio convídanos a ver o seu novo vídeo baixo o título: "Apoiando aos nosos fillos e fillas. Dí si ao ANPA. Faino por eles".

ESTE CURSO CONTAMOS CON CATRO AUXILIARES DE CONVERSACIÓN

O noso colexio leva 4 anos traballando con auxiliares de conversación. Son profesores de diferentes nacionalidades cuxa lingua de orixe é o inglés e asisten aos profesores de idioma unha vez á semana para que os nosos alumnos melloren especialmente o seu nivel de pronuncia e comprensión. Todos son profesionais cualificados (non estudantes) e proceden de diferentes países. Este ano nos acompañan Sarah, Vera, Chloe e Michelle.

INICIAMOS O PROGRAMA DE VOLUNTARIADO PARA ESTE CURSO, ANÍMATE A PARTICIPAR

O programa de Voluntariado e Educación Social deste curso iniciase a partir do 14 de novembro. Desde o colexio ofrecemos distintas opcións de colaboración e convidamos ás familias a que poidan participar destas actividades de voluntariado. Aquí lanzámosvos algunhas propostas por se vos animades.

DÚAS ALUMNAS DO COLEXIO, ENTRE AS MELLORES DE GALICIA NA ESO

Eva Diz Ferreira e Candela García García obtiveron o Premio Extraordinario de Educación Secundaria (ESO) ao rendemento académico no curso 2015-2016. Recoñecemento que a Xunta concede cada ano aos 20 mellores estudantes da comunidade e que leva, ademais, un premio en metálico de 750 euros.

O noso colexio foi o único da provincia de Pontevedra que logrou que dous dos seus alumnos fosen premiados nesta convocatoria. Ademais, outros 10 rapaces do colexio, grazas ao seus magníficos expedientes, tamén tiveron a oportunidade de optar a realizar as probas que deciden estes galardóns. 

III CONCURSO DE CARTEIS APÓSTOL SANTIAGO

 

 

A Asociación de Nais e Pais, Asociación de Antiguos Alumnos e os profesores do colexio convocan o III Concurso de Carteis Apóstol Santiago, cartel anunciador do XXXI Concurso Literario.    

Bases do Concurso ->

ELECCIONS PARA O CONSELLO ESCOLAR

Este curso 16-17 toca renovar o Consello Escolar. 

Para isto comezamos o proceso para a elección de representantes o pasado 3 de novembro coa constitución da Xunta Electoral.

Achegamos información para familias e profesorado, así como o calendario para a elección de candidatos.

 

Páxinas

we advice you on question where you can buy ambien online cheap

i can advice you how to buy tramadol online tracking on USA tracking on USA