TEMAS DESTACADOS

Versión para impresiónVersión PDF

O Colexio Apóstol Santiago quere informar ás familias que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convocou xa hai uns días axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras, en concreto para a mellora das competencias en lingua inglesa, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.

Para solicitar estas axudas é preciso solicitar ao centro, a certificación de matrícula e unha certificación académica de cualificacións.

Lembrarmos a todas aquelas familias que, estando interesadas nestas axudas, e que aínda non solicitasen ao centro os anteriores documentos poden facelo durante os días 21 e 22 do presente mes de marzo, para posteriormente presentalas á Inspección Educativa para a súa sinatura popr parte do inspector. 

Queremos lembrar tamén que a efectos desta tramitación, o vindeiro 27 de marzo o noso centro permanecerá pechado tal e como aparece dende o principio de curso dentro do calendario escolar publicado e comunicado.

Para máis información sobre estas axudas poderán consultar o seguintes documentos:

-    Cadro resumo destas axudas. ver aqui ->
-    Orde publicada no DOG.  ver aqui ->

OUTUBRO, MES DE CONVIVENCIAS PARA ESO E BACHARELATO

Uns 120 alumnos de Bacharelato e 400 de toda a ESO participan este mes de outubro nas convivencias que o colexio organiza cada curso. Unha oferta que realizamos desde o Departamento de Pastoral, as primeiras, e desde o Plan Tutorial, as segundas,  para dar continuidade ao traballo de formación integral no que cremos: académica, persoal, social e espiritual.

Os mozos e mozas de 1º e 2º de Bacharelato foron os primeiros en realizar as convivencias 2016, que tiveron lugar en Dorrón e na Ramallosa. Participaron máis de 120 alumnos e unha ducia de mestres e monitores do Centro Loiola de Vigo.

Estes días son os alumnos de Educación Secundaria os que están a participar nos retiros-convivencia que teñen lugar no Mercantil de Vigo e nos Abetos de Nigrán. Pechan esta intensa actividade do mes de outubro as convivencias de 3º e 4º da ESO, os días 18 e 25. 

Os contidos sobre os que traballamos este ano tratan de avanzar en tres dimensións: a persoal, a do coñecemento dos demais e a do ámbito relixioso. Este curso teñen relación, ademais, cos valores de acollida, hospitalidade e ecoloxismo, significados nos lemas A nosa casa é o mundo e A Terra, a nosa mellor escola.
A actividade pastoral no Colexio Apóstol complétase coas actividades do Centro Loiola, espazo de encontro e profundización espiritual e cristiá. O vindeiro 21 de outubro comezaremos alí a actividade dos grupos de confirmación de Bacharelato, coa participación de todas as comunidades na Vixilia da Luz, con motivo da semana do DOMUND, cuxo lema este ano é Sal da túa terra.

 

O EX ALUMNO DO COLEXIO, FRANCISCO MENÉNDEZ, OFRECE A LECCIÓN INAUGURAL DO CURSO 16-17

O curso 16-17 iniciouse no Colexio Apóstol Santiago coa la lección inaugural que impartiu Francisco Menéndez, director da Axencia Galega de Infraestructuras e antigo alumno do noso colexio, onde rematou os seus estudos coa promoción de 1996.

Francisco Menéndez naceu en Vigo en 1979, é enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos pola Universidade de A Coruña (2004), foi presidente de Augas. Durante 12 anos formou parte da Ong Enxeñería Sen Fronteiras.

Na súa conferencia fixo un percorrido polas experiencias vividas na súa etapa no colexio e estableceu múltiples conexións que ese pasado nos Xesuitas teñen na súa vida, tanto a nivel persoal como profesional, na que ocupa un dos cargos técnicos máis altos na Administración Pública Autonómica.

 

CIRCULAR DE INICIO DE CURSO

Benqueridas familias:

Achegamos a Circular de Inicio de Curso, posto que nalgúns casos, e por causas alleas á nosa vontade, Correos está a devolver algunhas destas cartas (enviadas xa na primeira semana de agosto), aínda cando os vosos datos postais sexan os correctos.

Lamentamos as molestias que esta situación puidese provocar e quedamos á vosa disposición para solucionar as posibles dúbidas.

VER CIRCULAR ->

BECAS E AXUDAS PARA ESTUDOS EN BACHILLER

Pode consultar todas ás bases no seguinte enlace o BOE

PARAESCOLARES 2016-2017

Listado de Actividades -> ver

Instrucciones -> ver

EXÁMENES DE SETEMBRO

Ver datas dos exámenes de Setembro

 

Páxinas

we advice you on question where you can buy ambien online cheap

i can advice you how to buy tramadol online tracking on USA tracking on USA