O noso proxecto educativo
O Noso Proxecto Educativo
¿QUEN SOMOS?
O Colexio Apóstol Santiago (Xesuitas) é, primeiro de todo, unha comunidade educativa, un grupo de homes e mulleres, xesuitas e laicos, comprometidos e ilusionados coa tarefa de educar. Somos un centro educativo integrado (dende educación infantil a bacharelato), concertado, que ofrece as familias de Vigo dende fai máis de 130 anos unha educación:
- integral (de tódalas dimensións da persoa),
- baseada e inspirada nunha visión cristiana do home e da sociedade,
- centrada na atención persoal o alumno,
- cunha pedagoxía de inspiración ignaciana (unha pedagoxía na tradición da Compañía de Xesús, que parte da reflexión sobre a propia experiencia e pretende chegar a acción transformadora da realidade)
- inserida na realidade cultural de Galicia.
¿QUE PRETENDEMOS?
O fin último da nosa educación é axudar aos alumnos a desenrolar ao máximo todas as súas potencialidades e capacitalos para chegar a ser:
- persoas maduras, autónomas e libres;
- persoas conscientes, competentes e compasivas, homes e mulleres cos demais e para os demais;
- persoas abertas á transcendencia, capaces de dar unha resposta libre de fe a Deus,
- que estean en condicións de acceder con garantías a todo tipo de estudios profesionais o universitarios.
¿A TRAVÉS DE QUE MEDIOS?
- Traballo riguroso e sistemático,
- a coherencia e testemuño persoal e institucional,
- a utilización de metodoloxías modernas e activas,
- o diálogo entre a fe e a cultura actual,
- o traballo en equipo,
- a mellora continua,
- a formación permanente do profesorado,
- o diálogo entre familia e colexio.
¿ONDE QUEREMOS CAMIÑAR?
Queremos seguir sendo un colexio recoñecido na cidade de Vigo pola súa excelencia académica e humana, E EN CONCRETO POR:
- uns bos resultados académicos,
- a aceptación e o tratamento positivo da diversidade,
- unha pedagoxía innovadora,
- a relevancia da educación en valores.
¿QUE VALORES INSPIRAN A NOSA ACTUACIÓN?
No noso traballo diario, comprometémonos a CULTIVAR e a intentar HARMONIZAR entre sí os seguintes valores:
- Fe (apertura á trascendencia, celebración e expresión da fe cristiá).
- Xustiza (relacións personáis e laboráis xustas, preocupación polos máis débiles).
- Liberdade (como o maior ámbito de autonomía persoal compatible co proxecto educativo do centro).
- Construir comunidade (compañeirismo, respecto, diálogo e participación).
- Compromiso (implicación persoal, traballo, xenerosidade, exemplo, testemuño).
- Excelencia (profesionalidade, procura do magis, o "máis".